lunes, 13 de febrero de 2012

o desenlace co meu amor

Despois de contarvos as miñas relacións coa  rapaza dá que me enamorei, agora vouvos falar do noso tráxico desenlace, despois de vivir fermosas aventuras de amor os dous, estabamos nunha mala época a nivel de enfermidades, chamábanlle a peste negra, era un virus que matou a un terzo da poboación mundial neses momentos, non salvaba nin  os ricos nin os pobres,  levouse a todo o que puido por diante, sen ter piedade de ninguén, porque cando veñe a morte por moito que queras facer, por desgraza non te salvas dela, a xente cá collía era moi dificil de salvala, ademáis que era moi fácil de contaxiarse, xa que se pasaba polo aire,  os indicios da peste negra eran unhas ronchiñas ná pel...
Pois si coma todos os imaxinades a miña monxa non iba a ser menos e contaxouse,  despois de loitar os dous xuntos contra a enfermidade,  non serviu de nada, ela pasoume  a peste negra e estivemos os dous enfermos,  eu arriesgueime por ela, e non pensei en nada... Solo pensei que non era ninguén, se non tiña o seu amor, eu que sempre me ria das historias de amor, al final quen me diria a min que me iba a enamorar daquela simple monxiña, a parte de ser a nai de dous fillos meus e ser os únicos que tiven, con os dous tomei a decisión de non querer que se contaxiaran, entón lle dixen a un abade amigo meu que os levara lonxe de alí, xa que tiñan toda a vida por diante, e corrían o riesgo de caer infectados a causa da miserable peste negra.
A mañá seguinte de que os meus fillos  se despediran de min e da sua nai, eu desperteime a causa da tos da miña muller, acerqueime a ela e vin que estaba as últimas, ela despediuse de min dicíndome que fun  o home ca fixera mais feliz na súa vida, sobre todo por ser o pai dos meus fillos, querote...
Acto seguido a muller mais importante da miña vida acabaría morrendo nos meus brazos.
Agora que os contei que lle pasou a miña muller, na seguinte historia os contarei o que me pasou a min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario