jueves, 29 de diciembre de 2011

reyes suevos de gallaecia

Aquí os deixo un video de todos os reis que existirón na nosa gallaecia na época sueva... dende Hermerico ata Malarico que vai desde o ano 409 ata o 585.

domingo, 25 de diciembre de 2011

Que son os Suevos?

Os suevos no Latin suevo ou suevos, en alemán Sueb, SWEB ou "Schwaben") eran un pobo xermánico do norte de Europa. A súa liquidación anticipada é no mar Báltico, chamado polos romanos Mare Suebicum. Cornelio Tácito menciona-los, pero todos chamaban tribos xermánicas Swabians Oriente (Alamanni, notas, Marcomanni e Turinxia).

Nas súas migracións, os suevos foron cara ao sur e oeste, permanecendo algún tempo na área da Alemaña moderna. Hai aínda unha rexión alemá chamada Suabia (Schwaben, cuxos habitantes son chamados Swabians hoxe castelá) que vén a ser equivalente a unha parte do antigo Reino de Württemberg no moderno estado de Baden-Württemberg e na parte suroeste da Baviera, con centros en Stuttgart, Ulm e Augsburg Tübingen, entre outros. Do mesmo xeito, existen dúas parroquias en Galicia nome Suevos nas rexións da Coruna e A Barcala, e ata catro pequenas poboacións baixo ese nome. Ademais, hai tamén Asturias Suevo Sierra. Neste momento, varias tribos foron separados do grupo principal para formar o alamanos Suevos, de onde vén, a través francés, o nome de Alemaña.
para min os suevos son mais que unha definición que atopamos no google, son unha poboacion que nos ha marcado costumes e ritos, e han pasado a historía, xa que pertencen a nosa galicia eu con iso xa me quedo, imaxinadevos o importante que chegaron a ser que seguen existindo, un pobo suevo como podemos ler enriba, que se amosa  en alemaña, para rematar vou falar dunha das costumes suevas, es da liturxía da iglesia católica,  e que foi practicada nos territorios hispánicos tanto nas áreas de baixo dominio cristia como musulmá. A ela  asociase un tipo de canto, que chamamos impropiamente canto mozárabe.

viernes, 16 de diciembre de 2011

os suevos 1

Fai mil seiscentos  anos que chegaban á Gallaecia os suevos, despois de atravesar o río  Rin.
  Procedían dun pobo xermánico do Báltico, que foi baixando ata o territorio do que hoxe é a Suabia na Alemaña, tiñan amplas relacións cos celtas e cos romanos. A súa presenza na Gallaecia atlántica (conventos de Braga, Lugo e Astorga) foi resultado dun reparto por Roma das provincias occidentais entre suevos, vándalos e alanos.
Despois do abandono da península polos vándalos e alanos, os suevos acadaron baixo Ermerico e Reckila moito protagonismo, o que consolidou ao reino da Gallaecia (o primeiro despois da ruptura do Imperio Romano). O sucesor deste último, Reckiario, fixo unha alianza cos visigodos, e acuñou moeda propia, o que amosa o grao de soberanía que tiña conseguido. Sería derrotado polos visigodos, chamados por Roma, na batalla do río Orbigo no ano catrocentos cinconta e seis. Aínda que figuras do momento, como Idacio, xa daban por morto o reino, o certo é que se recuperou, ate que no cincocentos oitenta e seis foi conquistado polo rei visigodo Leovixildo. Porén con este feito semella non rematou a súa existencia. A Crónica Blicarense dinos encol da celebración do III Sínodo de Toledo (cincocentos oitenta e nove) “no ano IV do Rei Recaredo reuniuse o Santo Sínodo dos bispos de toda España, Galia e Gallaecia”. O Papa Gregorio Magno nunha carta a Recaredo diríxese ao “rei dos godos e dos suevos”. A identidade diferenciada non desaparece coa conquista visigoda.
Os suevos deixaron unha forte pegada na Galiza en aspectos como a división administrativa do territorio, a adhesión ao catolicismo e a loita contra o panteísmo e os seguidores de Prisciliano (Concilios de Braga en cincocentos sesenta e un, e cincocentos sesenta e dous). Destacan nesta etapa reis como Miro, e relixiosos como Idacio, Martiño e Paulo Orosio; así como Exeria, unha monxa que se pode considerar a primeira escritora galega.